miércoles, agosto 08, 2007

Castrando


En galego, castrar non só é sinónimo de "capar", e para mostra, a primeira imaxe de google se poñedes "apicultura" no buscador. Esto foi o que fixen este fin de semana, e parte da que comezou.
Un traballo que, ben seguro, non lle desexo a ninguén, polo perigoso das abellas, polas 4 mangas que tes que levar enriba e polos moitos graos de temperatura aos que estás sometido.
Finalmente foron uns 400 litros e dous "ferretazos" das abellas na man.
Quizabes algún día fale das abellas. Hoxe todavía estou moi asqueado do mel e de castrar...
Por certo, que a quen lle interese, véndese a 6 euros o litro (e os botes SI que levan un litro, dou fe), e está feita a partires de flor de breixo, uce e carqueixa.
Agora que por fin nos deron a denominación de orixe para a mel de Galicia, será por algo...

1 cousas que dicir:

Anónimo dijo...

Neno, a min iso do mel perdeme.
Podoche pillar un bote?.
Saúdos dos teus veciños de Teleco.
P.D. A mirar si me paso a devolver o que che collín prestado.