viernes, febrero 23, 2007

2 estrenos ao prezo de un

Onte, día 22 de febreiro, foi día de doble estreno

Estreno da nova temporada d’O show dos Tonechos, en directo, e cunha posta en escea totalmente novidosa.

Acabamos moi tarde. Moi, moi tarde. E alégrome de haber marchado para a casa xusto ao acabar… nunca me gustou aparentar cousas que non son!

Pero houbo un 24’5 % de audiencia!!!!

Si, un record incrible. Pero non sei se merecerían máis a pena eses luns nos que o que menos importaba era saber se chegáramos a un 2 ou 3% de cota de pantalla.

Días nos que o traballo en equipo era valorado, e a ética profesional era máis que aceptable.

O ano pasado por estas datas, aceptaba o posto de axudante de producción da aposta máis arriscada en anos na TVG.

A outra estrea foron os meus 24 aniños. Todo un mundo, ás veces.

miércoles, febrero 21, 2007

Días de descanso...

... ou de moita actividade. A que se viviu no Entroido de Verín, que, aínda que máis frouxo que outros anos, non deixa de ser Entroido.
A noite do venres e máis a do sábado foron unha festa total.
A do domingo foi máis de tranqui, relaxadiña, porque o luns había que traballar.
E o martes, comida fora e visita ao aquarium finisterrae , n'A coruña.
días de moita actividade e descanso.
Pero merecen a pena
Sobre todo, pola compaña

lunes, febrero 12, 2007

Demoscópicas

O xoves pasado fun ás Demoscópicas en Santiago de Compostela.
MoonCresta, Sevigny e anatoli (que non quedei a velos)
Fun, simplemente, por pasar un bo rato con Raúl e para escoitar, precisamente, a canción coa que Sevigny abriu o concerto: a súa versión de "When the Stars go Blue"
non está nada mal. Iso si, o cambio entre os grupos fou brutal... demasiado brutal...
Aquí vola deixo

domingo, febrero 11, 2007

I want a wii

or maybe Wii wants me!
that's the question...

En realidade, a quaestio é que a o novo "gadget/device" da fábrica Nintendo, a Nintendo Wii, adelgaza!
Ou alomenos é o que se desprende dun artigo que lin na edición tecnolóxica e dixital do diario El País.

Razón demáis para querer unha Wii.
A outra gran razón chámase The Legend of Zelda.

O problema son os 250 loros que custa, e que xa teño unha PSP que queda preciosa no armarito do meu salón. Pero, con esta revolucionaria consola, volvería a ser nintendeiro...

lunes, febrero 05, 2007

xa chega, xa...

Onte foi o domingo Oleiro. En Xinzo de Limia é unha grande festa, moi movida. Parece que nesa vila tratan de non perder as costumes.
En Verín, sinto dicilo, non pasa iso...
É unha mágoa que cada vez se tire menos fariña, que os cigarróns adolescentes leven medias de cores sen respectar as costumes...
E moitas cousas máis.
Este ano, dende logo, o Entroido non será coma o ano pasado. E non soamente porque, a estas alturas, non teña disfraz. Dubido tamén que leve o mesmo disfraz que os meus amigos...polo menos eu de chino non vou!!!
a estas alturas e sen disfraz!
O peor de todo é que este ano non vou a poder levar á xentiña de Santiago como tiña pensado. Outro ano será! Nin Tere, que o sábado de Entroido estará de cumpreanos