miércoles, agosto 29, 2007

Cetrería

Si, sei que necesitaba actualización... pero é que ando tan liado que non sei nin sequera qué contar!!!!
Déixovos unha imaxe para que vos fagades a idea de en qué estou a traballar agora mesmo

Un documental sobre cetrería en Galicia
Precioso este Falcón Peregrino, va que si?

Un saúdo, pollos

(por certo, xa vos contarei, porque... xa teño WII!!!)

viernes, agosto 17, 2007

A elección

Finalmente, escollín co corazón, non sen antes darlle moitas voltas. Agora estoume a formar en cetrería.

viernes, agosto 10, 2007

futuros...

Fai algo máis de un ano que non teño esta sensación. Non sei cómo explicalo, e tan so se me ocorren dous exemplos: os filmes "la vida en un hilo" (iso si, non referido aos problemas sentimentais) e "El efecto mariposa"
Incluso titulei un post con este nome...
pero hoxe a situación é ben distinta: teño ante min dous futuros:
· Un, o do corazón, como produtor dun proxecto auviovisual.
· Outro, o da cabeza, nunha empresa de publicidade.

Realmente non sei cal escoller. E so teño unhas horas...

Non quero dicir que esta elección determine o meu futuro, estou acostumado a desenredar a maraña dos meus erros (non sempre con éxito, non me malinterpretedes, polos), pero, desta vez, trátase de algo profesional, e non ten que ver o persoal...

jueves, agosto 09, 2007

falta de orixinalidade?

Non sei se falta orixinalidade, pero o certo é que dende o día 25 de xullo, a edición dixital do país utiliza unha estética ben parecida a outro xornal. Agora mesmo, coa publicación desta foto da DGT dun BMW en marcha, as coincidencias son sorprendentes...
para mostra, aquí van un par de capturas:

Xulguen e comparen, pavos e polos...

miércoles, agosto 08, 2007

Castrando


En galego, castrar non só é sinónimo de "capar", e para mostra, a primeira imaxe de google se poñedes "apicultura" no buscador. Esto foi o que fixen este fin de semana, e parte da que comezou.
Un traballo que, ben seguro, non lle desexo a ninguén, polo perigoso das abellas, polas 4 mangas que tes que levar enriba e polos moitos graos de temperatura aos que estás sometido.
Finalmente foron uns 400 litros e dous "ferretazos" das abellas na man.
Quizabes algún día fale das abellas. Hoxe todavía estou moi asqueado do mel e de castrar...
Por certo, que a quen lle interese, véndese a 6 euros o litro (e os botes SI que levan un litro, dou fe), e está feita a partires de flor de breixo, uce e carqueixa.
Agora que por fin nos deron a denominación de orixe para a mel de Galicia, será por algo...