miércoles, marzo 12, 2008

"los buenos..." e os que non o son tanto...

“Los buenos cambiarán mucho de empleo, los mediocres lo tendrán difícil. El futuro, no obstante, no es tan negro”
Esta máxima, obra dun dos profesores que máis pegada deixa na facultade onde estudei, non deixa de correr pola miña mente estes días.
Abandonei temporalmente o mundo audiovisual por unha idea, un proxecto de futuro que me leva a intentar algo nunca intentado antes.
Non vou a comentar nada do proxecto porque son bastante maniático e supersticioso, aínda que supoño que escribo estas liñas para xustificarme ante os feitos que realicei.
Deixo un traballo e a porta do audiovisual
Deixo a porta da investigación e a cultura
E todo por unha remota idea, pero idea na que creo. Dous termos antepostos dos que, espero, poderei falar.
De momento, e como primeira fase do meu proxecto vital, Turgalicia. A ver se hai sorte e a partires de hoxe a vida deixa de dar tantas voltas e xira ao meu ritmo: paseniño pero sen pausa.
A miña meta: dous anos para a autoxestión e a supervivencia.

5 cousas que dicir:

daf(onte)man dijo...

Miña nai, vaia terremoto. A ti deixámoste só un mesiño e pasas de axudante de produción --> a conselleiro de cultura --> a palilleira de camariñas e rematas de profesor de imaxe e son! non hai quen che siga os pasos machiño!!

Sexa o que sexa no que andas embarcado moita sorte con todo! Ti si que vales!!

DeiPluviae dijo...

BUF! A verdade é que este mes de marzo está xirando tan rápido que case me dan arcadas!!!
Vou probar sorte noutra porta parelela, a ver que tal me vai por Turgalicia!
Sempre cos ollos postos en algo máis... estimulante. Teredes noticias...

daf(hoxe)man dijo...

dende logo non parece un mal sitio para estar! noraboa, non?

DeiPluviae dijo...

graciñas!
Aínda que iso de que "tú si que vales" non me sentou nada ben... prefería "ter talento"...

daf(onte)man dijo...

hahaha, ok "boi": you "Got Talent"