miércoles, abril 16, 2008

Actualizando que é xerundio!

Xa vai máis dun mes que non actualizaba!!!!
Si, é certo que tiven tempo pero o certo é que non me apetecía un chisco escribir.
Xa podo dicir que levo un mes no CSHG e que, como "asistente de productos externos", acabo de descubrir un mundo novidoso pero fascinante no marketing e na consultoría (tanto que incluso me plantexo seriamente facer un MBA e lanzarme directamente a este mundillo)
Este traballo estame reportando cousas moi, moi gratificantes: bos compañeiros de traballo e unha metodoloxía clara de acción.
E, tamén moi importantes, as ferramentas adecuadas.
É hora de xogar con joomla e de implementar a grande escala sunbird. Nun futuro cercano (espero?) hei de loitar pola alfabetización dixital e singular de "homi aversi tecnoloxici", pero todo sexa por enseñar, e, sobre todo, aprender.
O que se me está quedando colgado é o meu amigo TIT, que non hai maneira de sacalo adiante. As políticas públicas do audiovisual son superiores a min...
Por certo, teño que aprender a editar a cabeceira das blós e a poñerlle a miña propia imaxe, que todavía non sei cómo carallo se fai!