jueves, septiembre 25, 2008

Nova migración

Esta vez, para a miña terra, no sur de Ourense.
Esta vez abandono a cidade polo rural, para levar a cabo tarefas de dinamización sociocultural e comunicación.
Estaba esperando a postear xa a nova web na que estou a traballar, pero me parece que non vai a ser posible ata entrado outubro.
Na mesma migración, vou a ser profe dun curso de internet e outro de fotografía... a ver como sae a cousa.
Por certo, din que en outubro lánzase o novo macbook....

2 cousas que dicir:

tío Matt dijo...

mimááááá...

non tés acougo meu; moita sorte...

daf----onte dijo...

Móveste máis que o Ibex! Como estou seguro de que o cambio é para ben: noraboa rapaz!. Ó final ti vas ser o mais fiel representante daquilo tan mítico dos "comunicadores polivalentes". Xa pareces o Duvi, que non manda comunicados de prensa: se queres saber algo consúltalo na web e punto jajja