Por estas datas cumplo un mes de "switcher", polo que xa vai sendo hora de comezar a facer un pequeno balance do que supón a miña vida laboral (e persoal tamén!) sen windows.
Vaia por diante que Apple non me cambiou a vida nin me fixo mellor persoa, nin chorradas do estilo, pero o que si é certo é que aumentou a miña productividade.
Configurar unha conta de correo en "mail" so leva un par de clicks, conectarse a unha rede sen fíos, mesmo con cable, o mesmo, polo que tes máis tempo para traballar.
Se non che gusta perder o tempo en chorradas de configuracións, mac é a solución.
Ademais, a integración das aplicacións co sistema operativo é fantástica. Realmente boa! Case inexistentes tempos de espera, de carga de aplicacións nativas e, o que é mellor, apenas se colgan as aplicacións. de feito, a única que se me ten colgado algunha vez é "microsoft word".
E se non queres utilizar a suite de microsoft, a suite de mac, "iWork" vai bastante fina, sobre todo para os que nos gusta algo o deseño e podemos aproveitar algo as plantillas predeseñadas.
Aínda diría máis, cando se colga unha aplicación, o resto do sistema nin se entera, xa que todo é independente, e non se basea nunha estrutura piramidal coma outros sistemas.
Os recursos de sistema que precisa non son tan elevados como Vista, e a apariencia é realmente bonita, os gráficos fluídos e sen ningún tipo de arrastre.
Con mac esquecín o de facer copias de seguridade, porque "time machine" o fai todo por min (e cunha interfaz espectacular!)
Esquecínme de reinstalar programas, de malfuncionamento destes, de incompatibilidades entre arquivos.
E o máis importante, con mac esquecín a P*** degradación do sistema operativo que sofre Windows.
Con mac todo é máis sinxelo, coma se fora deseñado para tontos, para que te esquezas de todo o que ten que ver co ordenador e te concentres en traballar. Non é perfecto, pero, xa digo, a palabra chave desta migración que fixen é "productividade".
1 cousas que dicir:
e dime... Canto che paga o señor mac...
Non sintes que viviches nunha mentira todo iste tempo ata o de agora...
Non cres que é moito millor cando falas de matanzas, recolleita de patacas e etc...
Aínda sigues baixo o xugo de Baltar...
Publicar un comentario en la entrada