Este é MojMoj, o día que fomos ao refuxio de Bando a buscar un canciño. A min conquistoume con esta cariña, e hoxe está no pisiño, no sofá (na súa parte do sofá) un pouquiño menos tristeiro...
...entrada sen sentido, watching the days go by... MojMoj (ou MoghMogh) xa está instalado no pisiño de Santiago, a ver cando subo algunha foto do meu cadeliño. Hoxe vai a ir ao veterinario, porque non anda moi alá do seu peciño, comeza a parecerse ao amo...
Non me dera de conta, pero xa estamos no "vrau". Iso si, este ano vai a ser "movidito de coghones". Entre a "Expo del agua" e os (case seguros) movementos migratorios, non sei se decaerei nalgún momento polo estrés. E teño intención de disfrutar dalgún finde de acampada!
Creo que algún dia hei de acercarme polo balneario, unha práctica realmente recomendable.