martes, noviembre 25, 2008

A miña primeira web...

...é a do concello para o que traballo nestes momentos: Castrelo do Val.
Primeira web, software libre, conta de correo en flickr, administración electrónica, actualización de noticias... son tantas as novidades que tardaría uns cantos minutos en numeralas.
Para mostra, deixo esta captura de pantalla:

jueves, noviembre 20, 2008

33 anos...

... a idade de cristo menos un mes!!!

O ridículo é o maior favor que lle podía facer a ese señor.

martes, noviembre 04, 2008

Kirin

Chamábase Kirin. Era unha femia de bóxer, sempre adoecida polos seus problemas de corazón. I é que non lle collía no peito. Literal e metafóricamente.

Onte deixou, por fin, de respirar. E con ela marcharon uns cantos anos de tola brincadeira, de carreiras loucas, de manchas de patas nos pantalóns recén lavados, de caricias desmedidas para con todos os nenos que pasaron pola casa dos meus país, de tomates crús que desaparecían do plato.

Estaba na porta da casa e pediulle mimiños á miña nai. E deullos. E cando voltou por alí, xa descansaba tranquila. Coma Paski, coma Aris ou Collie, e coma tantos outros, volverá a ser insubstituible.

Posiblemente, dentro duns meses haberá outro can grande na casa. Seguramente, nin será pastor alemán, nin mastín, nin pastor escocés, e agora, nin bóxer. Pero, coma eles, volverá á nosa memória cando ese “novo” se sente no seu sillón, na súa mantiña oucomece a correr tras do tractor.

Sei que non é a mellor foto do mundo, pero era a miña toliña. Ímoste botar de menos, pequena.