...aplicadas ás cartas que acompañan o voto!
Paréceme bem curioso certas características das cartas que acompañan as papeletas das principais forzas políticas galegas:
PP: Carta modelo A4 dobrada para sobre americano. Utiliza a cor azul corporativa incluso na letra da carta. O seu logotipo ten as formas redondeadas, recordando moito á estética "iphone". O que máis curioso me parece é que é a única carta que ben en galego por unha cara, e en castelán pola outra. As outras dúas cartas dos outros dous partidos están únicamente en galego
PSOE: xa coñecemos a súa campaña presidencialista, baseada na figura de touriño=presidente, e as caras/perfís deste sobre un fondo negro. O uso forte do negro combinado co vermello paréceme moi interesante! (sobre todo agora que volven de estar de moda as cores frías).A tipografía é clara, sinxela e fina, cun modelo A4 dobrada para sobre americano. Sorprendeume moito a súa sinxeleza, e ao alto grao de valor da cor vermella (na parte superior, unha fina liña vermella acompaña ao nome da formación, sen aparecer o logotipo namáis que ao fondo da páxina).
BNG: presenta un modelo A4 en forma de tríptico, cun acabado satinado brillante (moi bo para ser papel de 80gr. como moito). O que máis me sorprendeu foi comprobar que teñen 2 modelos de cartas; un para mozos e outro para o resto! Utiliza moito a cor azul, supoño que por influencia da tendencia a utilizar cores frías destes momentos...
0 cousas que dicir:
Publicar un comentario en la entrada